saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de decembro de 2020

6.1 3593 (11/PNP-000387)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos fondos europeos Next Generation
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a rexeitar a centralización de fondos e reclamar do goberno central a xestión directa dos fondos de Galicia e respecto ás competencias propias afectadas”.
  
6.4 6053 (11/PNP-000695)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co prezo da enerxía para as empresas electrointensivas.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 59, do 09.12.2020

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a adopción das seguintes medidas:
 
1.- Incrementar a dotación das compensacións por CO2 indirecto no 2020 ao máximo permitido
-Eliminar o imposto da xeración ao 7%
-Analizar a posibilidade coa Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia de modificar as peaxes para abaratar o prezo eléctrico e reducir o diferencial co resto de Europa.
-Ademais Galicia solicita que se repoña o servizo de interrumpibilidade, mentres non se resolva o establecido no punto 4 deste acordo

2.- Aprobar o Estatuto de Consumidores Electrointensivos coas alegacións presentadas polo sector e pola Xunta de Galicia, marcando así a folla de ruta para dispor a medio prazo de medidas similares ás que a industria desfruta en Alemaña e Francia.

3.- Eximir os cargos de financiación das renovables e da coxeneración ás industrias con un gran consumo enerxético.

4.-Implementar, no menor tempo posible, os mecanismos que substitúen ás poxas de interrompabilidade, como a reserva estratéxica de resposta rápida, completando as singularidades da insdustria altamente consumidora en enerxía e procurado unha pronta apertura dos prazos da convocatoria.

5.- Revisar a consideración de industria electrointensiva de forma que se recolla adecuadamente o carácter altamente dependente da enerxía do tecido galego, pois o estatuto aprobado desvirtúa a condición de electrointensiva”.

6.5 6068 (11/PNP-000696)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa promoción do Ano Xacobeo 2021 en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta a solicitar do Goberno de España a inclusión nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 dunha partida orzamentaria dotada con alomenos 30 millóns de euros para a promoción do Ano Xacobeo 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia”

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina