saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o día 16 de decembro de 2020

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 5433 (11/PNC-000653)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e seis máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co número de prazas do programa de termalismo social que ofrece o Imserso nos balnearios galegos para o ano 2021 nos orzamentos xerais do Estado
BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado a compensar as cancelacións dos programas do IMSERSO con un incremento do número de prazas, como mínimo de ata 40.000, do Programa de Termalismo Social que o IMSERSO ofrece nos balnearios galegos, para o ano 2021”.
 
- 6161 (11/PNC-000740)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e seis máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos tramos fiscais do imposto de matriculación. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a modificación dos tramos fiscais do imposto de matriculación para adecualo ao novo sistema de medición de emisións WLTP que entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro de 2021 có fin de evitar un encarecemento automático con respecto á este ano”.
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 4367 (11/PNC-000514)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para acadar a homologación do Camiño dos Faros como ruta de Gran Percorrido (GR) e planificar o seu futuro
BOPG n.º 40, do 04.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a constituír unha mesa de traballo coa Deputación da Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño dos Faros, a CMAT, a Asociación o Camiño dos Faros, a Federación galega de montañismo e aqueles outros organismos e colectivos que a propia mesa estime convinte polo seu recoñemento e competencias nos ámbitos que o asunto requira, co obxecto de conseguir a homologación do camiño como ruta de gran percorrido (GR) e planificar o futuro dunha actividade de vital importancia para Bergantiños e a Costa da Morte."
 
- 5380 (11/PNC-000645)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e tres máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a dixitalización do rural de Galicia
BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que se dirixa ao Goberno do Estado co fin de que este estableza os mecanismo legais e económicos necesarios para que na Galicia rural exista una cobertura TDT, de conexión móbil e de conexión a internet con banda ancha que non estableza diferencias entre as persoas, empresas ou particulares polo lugar onde vivan, máxime cando haberá fondos europeos no 2021-2027 que permitirán este impulso.
 
Asi mesmo, o Parlamento insta a Xunta a impulsar os mecanismos para, en colaboración co Goberno do Estado, non deixar a Galicia atrás no reparto do fondos europeos e na súa aplicación no rural."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 4061 (11/PNC-000475)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e tres máis
Sobre a ampliación do polígono industrial de Bértoa, en Carballo
BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a ampliar, á maior brevidade, o Polígono Industrial de Bértoa, en Carballo."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina