saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 22 de decembro de 2020 (Ordinario)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de decembro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de decembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección de candidato ou candidata para a cobertura dunha vacante dun membro do Consello de Contas de Galicia (doc. núm. 53954, 10/DMCC-000002).
 
Punto 2. Elección de candidatos ou candidatas para a cobertura de tres vacantes de membros electivos do Consello Consultivo de Galicia (61942, 10/CCGD-000001).
  
Punto 3.  Textos lexislativos
 
3.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de pesca continental de Galicia (doc. núm. 2452, 11/PL-000001)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
3.2 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Proxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia (doc. núm. 2453, 11/PL-000002)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
3.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular, de simplificación administrativa e do apoio á reactivación económica de Galicia (doc. núm. 6203, 11/PPL-000002)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Punto 4. Comparecencia
 
 6497 (11/CPP-000031)
 Da Sra. conselleira de Emprego e Igualdade, a petición propia, para informar sobre a evolución da emerxencia sanitaria da covid-19 en relación coas previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
 
Punto 5. Mocións
 
5.1 6365 (11/MOC-000016)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como as actuacións que debe levar a cabo en relación co saneamento das rías (Moción a consecuencia da Interpelación nº 4969, publicada no BOPG nº 49, do 19.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 9.12.2020)
 
5.2 6408 (11/MOC-000017)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto do cambio climático en Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación nº 5670, publicada no BOPG nº 52, do 25.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 9.12.2020)
 
5.3 6424 (11/MOC-000018)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co sector eólico. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 2705, publicada no BOPG n.º 27, do 07.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 09.12.2020)
 
Punto 6. Proposicións non de lei
 
6.1 3593 (11/PNP-000387)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos fondos europeos Next Generation
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
6.2 4981 (11/PNP-000569)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa titularidade, custos de mantemento, sistema de xestión e plan de usos do pazo de Meirás
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
 
6.3 5883 (11/PNP-000678)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a aprobación e o establecemento polo Goberno galego dun protocolo de actuación específico para os casos de positivos en covid-19 entre as tripulacións dos barcos que cheguen aos portos de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
6.4 6053 (11/PNP-000695)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co prezo da enerxía para as empresas electrointensivas.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
6.5 6068 (11/PNP-000696)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Verea Fraiz, Borja e 6 máis
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa promoción do Ano Xacobeo 2021 en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
6.6 6076 (11/PNP-000697)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa reversión á titularidade e xestión pública íntegra do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, así como sobre a presentación no Parlamento de Galicia dun informe referido ás porcentaxes de participación das diversas sociedades na súa titularidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Punto 7. Interpelacións
 
7.1 1937 (11/INT-000107)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel e 3 máis
 Sobre as porcentaxes de expansión da banda larga
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
7.2 3694 (11/INT-000238)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas negociacións entre promotores eólicos e os propietarios dos terreos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
7.3 4241 (11/INT-000274)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación laboral da mocidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 04.11.2020
 
Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
8.1 6490 (11/POPX-000013)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto das medidas adoptadas durante os cen primeiros días desta lexislatura ante a maior crise económica, social e sanitaria de Galicia
 
8.2 6491 (11/POPX-000014)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre o balance que fai o Goberno galego da xestión levada a cabo en relación coa crise sanitaria, económica e social xerada pola covid-19
 
Punto 9.    Preguntas ao Goberno
 
9.1 6472 (11/PUP-000089)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da situación da central térmica de Endesa, nas Pontes, en función das últimas novidades
 
9.2 6443 (11/PUP-000086)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 6 máis
 Sobre as peaxes que vai aplicar o Goberno galego a partir do 1 de xaneiro de 2021 nas autoestradas de competencia autonómica
 
9.3 1342 (11/POP-000098)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da restitución do pazo de Meirás ao patrimonio público e a súa opinión respecto do uso que debe ter no futuro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
  
9.4 5488 (11/POP-000697)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir a protección dos técnicos de emerxencias sanitarias do transporte sanitario terrestre fronte ao contaxio polo SARS-CoV-2
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
9.5 5844 (11/POP-000741)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María e 5 máis
 Sobre a solución prevista polo Sergas para resolver o déficit de facultativos de radiodiagnóstico na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, especialmente no Hospital Público do Barco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
9.6 4750 (11/POP-000612)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 4 máis
 Sobre a posible modificación do uso concesional da parcela onde está situada a estación de autobuses do Pino, en Ourense, para a construción nela dunha residencia pública de maiores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
9.7 6465 (11/PUP-000088)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e 2 máis
 Sobre o coñecemento pola Xunta de Galicia da problemática existente no centro de menores Santo Anxo de Rábade
 
9.8 5511 (11/POP-000699)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a negociación que está a levar a cabo a Xunta de Galicia co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación respecto dos fondos para Galicia da nova política agraria común para o período 2021-2027
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
9.9 5974 (11/PUP-000085)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
 Sobre as afirmacións do conselleiro do Medio Rural nunha rede social respecto de supostos cobros de traballadores da Consellaría á cidadanía por axudar a tramitar as solicitudes de corta de madeira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
9.10 6029 (11/POP-000757)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre a valoración que fai a Consellería do Mar dos TAC e cotas de pesca inicialmente propostos pola Comisión Europea para o ano 2021
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina