saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 11 de decembro de 2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 11 de decembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 59167 (10/PNC-004711)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 7 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa antiga escola unitaria de Donís, no concello de Cervantes
BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acordar co Concello de Cervantes as actuacións necesarias, particularmente a súa desafectación, para acometer a reconversión da antiga escola unitaria de Donís, no municipio lucense de Cervantes, para convertela nun espazo de actividades especialmente dirixidas á xuventude e vinculadas á natureza, medio ambiente, patrimonio cultural, arqueolóxico e actividades de lecer, tempo libre e turismo alternativo."

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019
 
Eva Solla Fernández
Vicepresidenta 2.ª
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina