saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o día 6 de novembro de 2019

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 6 de novembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 36220 (10/PNC-002906)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 9 máis
Sobre a realización de xestións polo Goberno galego diante do Concello de Vigo para o establecemento dunha canle de diálogo que permita a colaboración e autorización precisa dese concello para realizar a sinalización do Camiño Portugués da Costa nese termo municipal (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Que se dirixa, novamente, ao concello de Vigo para establecer unha canle de diálogo que permita a colaboración e autorización precisa deste Concello para realizar a sinalización do Camiño Portugués da Costa no seu termo municipal e así evitar prexudicar aos peregrinos que fagan o percorrido
 
2.- Cumprir e orzar para 2020 os compromisos parlamentarios en materia de seguridade viaria do Camiño Portugués.
 
3.- Garantir a seguridade e correcta sinalización para bicicletas e ciclos rodados”.
 
- 53082 (10/PNC-004226)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para que posibilite a Navantia-Ferrol  a construción dun novo buque loxístico (AOR) e reprograme o plan de traballo das cinco fragatas F-110 encargadas pola Armada española para adiantar o comezo do corte de chapa, previsto para comezos de 2020
BOPG n.º 522, do 30.08.2019

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Dirixirse ao Goberno do Estado para que dote a Navantia-Ferrol de carga de traballo a través da construción dun novo buque loxístico (AOR), como o que está ultimando para a Armada australiana, e reprograme o plan de traballo das cinco fragatas F-110 encargadas polo Armada española para adiantar o comezo do corte de chapa, previsto para comezos de 2020.
 
2.- Dar cumprimento ao punto 1 do artigo 4º da Lei do sector naval de Galicia, que establece que "a Xunta de Galicia negociará co Estado a súa participación na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galicia que, pola súa natureza, non poidan ser obxecto de traspaso" para poñer fin á falta de información, coordinación e impulso ao naval galego e comprometerse de forma activa coa busca de carga de traballo suficiente para a ría de Ferrol que permita incrementar a actividade produtiva e o fomento do emprego de calidade.
 
3.- Comprometerse nas negociacións activas para dotar de carga de traballo aos asteleiros de Ferrol e evitar a previsible parada de produción e despedimentos dos anos que descorrerán entre a entrega das fragatas australianas e o inicio da construcción das españolas."
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 53521 (10/PL-000018)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
G.P. Popular de Galicia (P)
Dª. Cristina Isabel Romero Fernández (titular)
D. Moises Rodríguez Pérez (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S)
Dª. Begoña Matilde Rodríguez Rumbo (titular)
D. José Manuel Pérez Seco (suplente)
 
G.P. Grupo Común da Esquerda (GCE)
Dª. María de los Ángeles Cuña Bóveda (titular)
Dª. Luca Chao Pérez (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Dª. Noa Presas Bergantiños (titular)
D. Xosé Luis Bará Torres (suplente)
 
G.P. Mixto (M)
D. Francisco Vidal Casal (titular)
D. David Rodríguez Estévez (suplente)
 
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2019

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina