saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 02-05-2019

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 2 de maio de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 48661 (10/PNC-003929)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central en relación cos criterios de repartición de fondos ás comunidades autónomas para políticas activas de emprego
BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para retomar os criterios de distribución dos fondos ás comunidades autónomas para políticas activas de emprego, nos que se primaba ás comunidades que como Galicia están a impulsar programas pioneiros e innovadores que favorecen a creación de emprego estable e con futuro."

 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 49214 (10/PNC-003979)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Salorio Porral, María Soraya e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas demoras que están a padecer as mulleres mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal no recoñecemento do dereito a unha prestación económica do sistema de Seguridade Social por risco durante o embarazo. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
Sométese a votación xunto coa transacción da emenda do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 49503, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:
 
- Solicitar ao Goberno do Estado que leve a cabo as actuacións oportunas para garantir una maior simplicidade e axilidade na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo en favor de mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal por parte da entidade á que lle corresponde esta tramitación, ben sexa o Instituto Social da Mariña ou as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
 
Moi especialmente que non se solicite a estas traballadoras a
achega de ningún documento non esixido pola normativa aplicable e que se leven a cabo os trámites precisos no prazo máis breve posible.
 
- A realizar un estudo sobre a situación laboral das mulleres traballadoras do mar: cotizacións, prestacións que reciben, coeficientes redutores..., para en base a este informe poder realizar as outras peticións das modificacións que procedan para mellorar a súa situación."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina