saltar ao contido

Convocatoria sesión plenaria para o próximo día 7 de maio ás 10 horas no pazo do Parlamento

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 7 de maio de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de abril de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Proposta de tramitación polo procedemento de  lectura única do Proxecto de lei polo que se concede un suplemento de crédito para o reforzo de actuacións prioritarias para o ano 2019  e, se é o caso, debate e votación do dito proxecto (doc. núm. 49436, 10/PL-000015)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 469, do 29.04.2019

1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de ordenación farmacéutica de Galicia (doc. núm. 47930, PL-000013)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 21.03.2019                 
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 460, do 12.04.2019 
 

Punto 2. Mocións
 
2.1 49575 (10/MOC-000141)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co réxime horario do persoal docente non universitario. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 47773, publicada no BOPG n.º 446, do 21.03.2019, e debatida na sesión plenaria do 29.04.2019)
 
2.2 49577 (10/MOC-000142)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación do servizo de fisioterapia no Sistema público de saúde. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 45516, publicada no BOPG n.º 430, do 13.02.2019, e debatida na sesión plenaria do 29.04.2019)
 
2.3 49578 (10/MOC-000143)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos sectores da minaría, enerxía, auga e residuos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19848, publicada no BOPG n.º 211, do 15.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 29.04.2019)
 
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 39703 (10/PNP-002965)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
Sobre as actuacións que debe levar a cabo Goberno galego en relación co mapa escolar de Galicia, o modelo de comedores escolares e o servizo de transporte escolar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
3.2 40520 (10/PNP-003045)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre o inicio polo Goberno galego, no ano 2019, da contratación dos proxectos construtivos, así como da redacción do informe de impacto ambiental, do treito A Pobra de San Xiao-Nadela da vía de altas prestacións Lugo-Monforte de Lemos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
3.3 43406 (10/PNP-003244)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central para garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo de Alcoa en Galicia, así como o establecemento dunha nova tarifa eléctrica industrial para a industria electrointensiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
3.4 44919 (10/PNP-003366)
Grupo Parlamentario de En Marea  
Cal Ogando, Marcos e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo Xunta de Galicia en relación coa atención sanitaria aos pacientes transexuais e os requisitos exixidos para o seu acceso a procedementos médicos de transición, así como de recoñecemento legal da súa identidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
3.5 48340 (10/PNP-003658)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de garantir o abastecemento de auga á poboación diante de posibles situacións de seca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
3.6 48750 (10/PNP-003685)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co uso do galego nas entidades bancarias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
3.7 49026 (10/PNP-003703)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a elaboración e presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia dun informe referido ás denuncias ou queixas presentadas nos últimos seis anos por dificultar o uso das linguas oficiais de Galicia, o tipo de resposta ofrecida e as medidas adoptadas ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
3.8 49208 (10/PNP-003721)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa posible afectación da actividade das industrias xestoras de residuos e do uso de fertilizantes agrícolas derivados das lamas da depuración na saúde da poboación e no normal estado dos solos e dos acuíferos do concello das Somozas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019
 

Punto 4. Interpelacións
 
4.1 42269 (10/INT-001407)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as necesidades de mellora do transporte ferroviario en Galicia, nomeadamente entre Ourense e A Coruña e Santiago de Compostela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
 
4.2 45411 (10/INT-001492)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co servizo público da Xustiza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
4.3 49084 (10/INT-001640)
Grupo Parlamentario de En Marea  
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico e arqueolóxico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
5.1 49474 (10/POPX-000145)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a valoración da situación e resultados das políticas de emprego do Goberno galego
 
5.2 49491 (10/POPX-000146)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre o cumprimento do mandato do artigo 5.3 do Estatuto de autonomía de Galicia coa política lingüística do Goberno galego
 
5.3 49492 (10/POPX-000147)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre o balance das políticas do Goberno galego en materia de equilibrio territorial
 

Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 46398 (10/POP-005522)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre a situación na que se atopan cada un dos proxectos promovidos pola Xunta de Galicia para o novo barrio da Residencia, en Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
 
6.2 48909 (10/POP-005835)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
Sobre o estado de execución no que se atopa o acordo parlamentario referido á análise de viabilidade da creación dun enlace directo entre a autovía da Costa da Morte e o polígono industrial de Vimianzo, en dirección a Camariñas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
6.3 49465 (10/PUP-000245)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre as razóns do Goberno galego para suspender, de xeito temporal, o proceso de contratación das concesións de transporte público interurbano por estrada de Galicia
 
6.4 49472 (10/PUP-000246)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego para a posta en servizo da nova estación intermodal da Coruña
 
6.5 46731 (10/POP-005568)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para evitar a desaparición da empresa Isowat, na Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
6.6 43134 (10/POP-005108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre o proxecto que está previsto implantar en Ourense relacionado coa innovación na formación profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
6.7 48852 (10/POP-005832)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para corrixir as deficiencias de mantemento que presenta o edificio do Centro de Saúde de Foz
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
6.8 49475 (10/PUP-000247)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as medidas previstas para resolver a situación de precariedade na que se atopa o persoal eventual de enfermaría no Sergas
 
6.9 49137 (10/POP-005852)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da ampliación dos equipos de valoración da discapacidade na zona norte da provincia de Pontevedra e no resto das zonas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019
 
6.10 49160 (10/POP-005854)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto das listas de agarda existentes na provincia de Pontevedra para a valoración do grao de discapacidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina