A presidenta do Parlamento de Galicia recibe ao embaixador de Chile en España, co que aboga por intensificar as relacións bilaterais

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, entrevistouse este mediodía co embaixador de Chile en España, Sergio Romero Pizarro, co que abogou por intensificar as relacións entre os dous países.
 
Romero Pizarro, que hoxe se entrevista tamén co presidente da Xunta, participou onte nun foro empresarial encamiñado a potenciar as oportunidades de negocio entre Chile e Galicia.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación
 

Imaxes relacionadas