A presidenta do Parlamento transmite a súa solidariedade aos socialistas galegos tralo ataque á sede do PSOE de Carral

 
 

Santiago, 18 de xaneiro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, telefoneou este mediodía ao secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, para trasladarlle a súa solidariedade, e a da institución que preside, tralo ataque rexistrado a pasada noite pola sede do PSdeG de Carral.
 
Rojo Noguera trasladou unha mensaxe de apoio e insistiu en  que cando se ataca a sede dun partido político se está atacando a todos os demócratas. Tamén fai votos para que as forzas de seguridade logren deter aos autores e os poñan a disposición da Xustiza.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Imaxes relacionadas