saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 21 de marzo de 2018

4.1 18700 (10/PNP-001381)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 5 máis
Sobre a realización de xestións pola Xunta de Galicia diante dos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados co fin de que contribúan a facilitar a tramitación, o debate e a aprobación dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2018  dentro do prazo establecido
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse aos grupos parlamentarios nas Cortes Xerais para solicitarlles que, pola súa importancia para a mellora económica e social de Galicia, contribúan a facilitar a tramitación, o debate e a aprobación en prazo dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018”.
 
4.5 26821 (10/PNP-001896)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central, así como aos concellos galegos a través da Fegamp, en relación coa devolución do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana indebidamente cobrado
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar:
 
1.- Ao  Goberno  español  que  permita  os  concellos   utilizar  os remanentes  de tesourería  positivos  para  a  devolución  da  Imposto  sobre  o  Incremento  de  Valor dos Terreos de Natureza Urbana indebidamente cobrado.
 
2. Aos concellos galegos, a través da FEGAMP:
 
a. Que  habiliten  mecanismos  para  proceder  á  devolución  aos  contribuíntes afectados   das   cantidades   indebidamente   recadadas   nos   supostos declarados    inconstitucionais  polo    Tribunal     Constitucional.    Estes mecanismos promoverán que a devolución se realice do xeito máis eficaz posible e mediante procedementos áxiles, co fin de evitar a conflitividade neste ámbito tributario.
 
b. Que potencien a información á cidadanía do dereito que
lles asiste para reclamar a devolución da plusvalía cobrada indebidamente nos casos de  vendas a perda e de que ese dereito se extingue polo transcurso do prazo de prescrición de catro anos.
 
c. Que na memoria que acompañe aos seus orzamentos se especifique a contía do IIVTNU recadado nos catro últimos anos e a posibilidade de ter que afrontar a súa devolución como consecuencia da sentenza do TC de 11 de maio de 2017.
 
d. Que nas declaracións pola plusvalía que se presenten a partir da sentenza do Tribunal Constitucional e respecto das que se acredite a existencia dunha perda patrimonial, non se proceda ao cobro do imposto en aplicación da devandita sentenza”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina