saltar ao contido

Acordo da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o martes 30 de xaneiro de 2018

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 30 de xaneiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 20094 (10/PNC-001635)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar a suba dos prezos dos combustibles que se está a producir en Galicia en relación co conxunto de España
BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Presentar un paquete de novas medidas que contribúa e evitar o forte incremento dos prezos dos combustibles que se está a producir en Galicia fronte ao conxunto de España.
 
2. Reforzar e mellorar os mecanismos de control e defensa da competencia e dos consumidores no marco das competencias autonómicas.
 
3. Estreitar e potenciar a colaboración coa Comisión Nacional de Mercados y la Competencia (CNMC) para atallar as distorsións do mercado que están a producir os diferenciais nos prezos dos combustibles que se están a producir en Galicia con respecto ao resto de España."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina