Mocións aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 19 de decembro de 2017


 
2.1 21265 (10/MOC-000061)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia laboral na Administración de xustiza. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20233, publicada no BOPG nº 215, do 22.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2017)

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a atender ás reclamacións dos sindicatos con representación entre o persoal de Xustiza de Galicia, abrindo un período de diálogo permanente, nos seguintes termos:
 
1º) Mellorando as retribucións dos traballadores da Administración de Xustiza coa media do resto de Comunidades Autónomas, especialmente no complemento autonómico transitorio.
 
2º) Consolidando as prazas que responden a necesidades estruturais, especialmente as de máis de 3 anos.
 
3º) Repoñendo as prazas que foron amortizadas naqueles supostos e ámbitos de especial afectación.
 
4º) Negociando un acordo tendente a acadar a eliminación da discriminación no ámbito xudicial con outros corpos de funcionarios ou autoridades, no tratamento das situacións de incapacidade temporal.
 
5º) E abonando o cen por cen das retribucións nos casos de substitucións dun corpo superior, demandando ao Goberno do Estado á reforma da lexislación estatal mediante a aplicación do principio de non discriminación e igualdade de trato recollido na sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, de 14 de setembro de 2016”.

2.2 21271 (10/MOC-000062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa AP-9. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20052, publicada no BOPG nº 211, do 15.11.2017, e debatida na sesión plenaria do
04.12.2017)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a instar ao Goberno do Estado a facer as modificacións lexislativas necesarias para  eliminar  os  privilexios  fiscais  dos  que  goza  a  concesionaria,  suprimindo  a bonificación do 95% no IBI”.
 

 

Imaxes relacionadas