Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 14 de decembro de 2017

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 14 de decembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 15412 (10/PNC-001337)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego de máis medidas de apoio á cultura mariñeira, en concreto, ás embarcacións tradicionais e ás carpinterías da ribeira, así como a posta en valor deste patrimonio histórico e cultural
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 1 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a continuar adoptando medidas que apoien a cultura mariñeira, concretamente as embarcacións tradicionais e ás carpinterías da ribeira, como posta en valor do patrimonio cultural e histórico de Galicia, con especial fincapé na aplicación da consideración deste eido patrimonial como declarar ben de interesa cultural."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 19720 (10/PNC-001604)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas reclamacións dos mariñeiros da asociación Long Hope para o recoñecemento do seu dereito a percibiren do Estado de Noruega as súas pensións de xubilación ou a que se lles devolvan os impostos recadados
BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno español co fin de que se adopten as medidas oportunas que permitan a consecución dos obxectivos do colectivo de Mariñeiros Long Hope, personándose perante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos polo incumprimento por parte do Estado Noruegués da prohibición de discriminación por razón de nacionalidade, de tal forma que se recoñeza o dereito a percibir a pensións de xubilación ou a devolución dos impostos incorrectamente recadados aos Mariñeiros, maioritariamente galegos, do colectivo Long Hope."

Imaxes relacionadas