Convocatoria do Pleno de Orzamentos previsto para o 19 de decembro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de decembro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto único: Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 (19214, PL-000007)
 
 
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas