Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o día 07 de decembro 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 7 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 16625 (10/PNC-001394)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa insuficiencia dos recursos orzamentarios destinados á designación de xuíces substitutos en Galicia
BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Ministerio de Xustiza para:
 
1. Aumentar a partida orzamentaria anual para xuíces substitutos en Galicia, de forma que se subsanen as deficiencias que se presentan ano tras ano.
 
2. A posibilidade de acollerse a una partida extraordinaria no caso de que o orzamento anual para xuíces substitutos resulte insuficiente."
 
 

Imaxes relacionadas