O Parlamento anima a participar na campaña de vacinación antigripal

Santiago, 5 de decembro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, visitaron esta mañá o servizo médico da Cámara para interesarse polo desenvolvemento da campaña de vacinación antigripal e concienciar á poboación sobre a importancia de vacinarse.
 
Animaron especialmente a vacinarse contra a gripe á poboación con risco de complicacións no caso de padecer este proceso vírico. Santalices insistiu en que o efecto preventivo da vacina é moi elevado e explicou que desde o Parlamento se fomentan estas prácticas, porque a Cámara está sempre ao carón dos problemas da sociedade.
 
Durante a visita foi administrada a vacina a deputados e deputadas da Cámara.
 
O director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, tamén participou no acto.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas