Docentes mexicanos visitan o Parlamento de Galicia

Santiago, 1 de decembro de 2017.- Un grupo de profesores da Universidade Nacional Autónoma de México, integrados no Colexio de Profesores-Investigadores con Actividades Académicas Formais en Universidades Estranxeiras de Excelencia A.C. (COPUEX-UNAM) visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia.
 
Foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lles explicou o funcionamento da institución, con especial referencia aos diferentes mecanismos de participación cidadá. O grupo de docentes mexicanos participa nun seminario internacional da Facultade de Dereito da USC titulado “Para legitimar la elección presidencial 2018: cultura cívica-transparencia-coacción jurídica”.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

 

Imaxes relacionadas