saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 16 de novembro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 16 de novembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 18461 (10/PNC-001499)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
Sobre o asinamento polo Goberno galego de convenios de colaboración co Concello de Ponteceso e coa Fundación Eduardo Pondal para a conmemoración do centenario do falecemento dese intelectual, escritor e poeta, así como a difusión da súa figura e obra
BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que con motivo do cumprimento do centenario do falecemento do escritor Eduardo Pondal lle dea continuidade ás iniciativas de difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta pontecesán, a través da colaboración institucional e orzamentaria coa Fundación Pondal  e a colaboración con distintas institucións e entidades culturais e, principalmente, coas fundacións de escritores/as do Rexurdimento para contribuír a impulsar unha programación de actividades continuadas e diversas que poñan en valor o seu legado social."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina