saltar ao contido

Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 10 de novembro de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 10 de novembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
- 15754 (10/PNC-001354)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre o establecemento polo Goberno galego dun marco regulador para os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de Policía Local, así como para favorecer as posibles asociacións de concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a establecer, en cooperación coa Fegamp, un marco que regule os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de policía local e favorecer as posibles asociacións de Concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil”.
 
- 19285 (10/PNC-001554)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Cal Ogando, Marcos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a inclusión da perspectiva do coidado, benestar e protección dos animais nos protocolos de actuación ante emerxencias
BOPG n.º 203, do 31.10.2017
 
Sométese a votación separada por alíneas:
 
Alíneas 1 e 2: resultan aprobadas pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
Alínea 3: resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.  Sensibilizar mediante actividades de formación e divulgación, a necesidade da protección e benestar dos animais, diante de situacións de emerxencia que lles poidan afectar de xeito grave, a través do Comité Consultivo para a Protección Animal, previsto na Lei 4/2017, do 3 outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que inclúen aos animais domésticos e aos animais silvestres en cautividade.
 
2. Avaliar a inclusión de protocolos de actuación ao respecto da protección dos animais ante posibles emerxencias, dentro dos temas a tratar polo Grupo de Traballo Autonómico polas Emerxencias, creado pola Comisión Galega de Protección Civil”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina