saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 11 de outubro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 11 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 16474 (10/PNC-001391)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de mantemento e recuperación do monumento de Santalla de Bóveda coa dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento
BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Poñer en marcha as medidas aprobadas pola Comisión 4ª. Educación e Cultura do día 19 de maio de 2016, establecendo un plan de mantemento e recuperación do patrimonio de Santalla de Bóveda, que consigne os recursos orzamentarios necesarios á maior brevidade posible.
 
2. Dirixirse a outras institucións, nomeadamente o Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo, para a posta en valor, promoción e divulgación do patrimonio de Santalla de Bóveda."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina