Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 14 de setembro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 12953 (10/PNC-001219)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a poñer de relevo a importancia para as culturas galega e universal do regreso a Galicia do pergamiño Vindel
BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover, en colaboración con distintas institucións e entidades culturais, una programación ampla e diversa de iniciativas que poña de relevo a excepcional importancia do pergamiño Vindel para as culturas galega e universal, e que faga partícipe deste fito o conxunto da cidadanía."
 
- 13041 (10/PNC-001228)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia relacionada coa continuación do apoio financieiro para a colaboración cos concellos na prestación dos servizos de comedor escolar
BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 3 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O   Parlamento   de   Galicia   insta   á   Xunta   de   Galicia   a   continuar   apoiando financeiramente a senda establecida de afianzar a colaboración cos concellos na prestación dos servizos de comedor escolar.”

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13234 (10/PNC-001244)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre o apoio da Xunta de Galicia á implantación da titulación oficial de grao en Criminoloxía na USC
BOPG n.º 166, do 31.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á apoiar a implantación do grao en criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela de xeito coordinado coa USC no marco dos principios reitores da planificación da oferta académica universitaria no Sistema   Universitario   de   Galicia   ata   o   curso   2020-2021   asinado   polas   tres universidades en marzo de 2017 que definirá o futuro mapa de titulacións do SUG”.
 
- 13496 (10/PNC-001262)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego en relación coa titulación de Criminoloxía
BOPG n.º 166, do 31.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á apoiar a implantación do grao en criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela de xeito coordinado coa USC no marco dos principios reitores da planificación da oferta académica universitaria no Sistema   Universitario   de   Galicia   ata   o   curso   2020-2021   asinado   polas   tres universidades en marzo de 2017 que definirá o futuro mapa de titulacións do SUG”.
 

Imaxes relacionadas