saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 6 de xullo de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 6 de xullo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 9664 (10/PNC-001011)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca e 2 máis
Sobre a inscrición no Rexistro da Propiedade do pazo de Meirás como ben de interese cultural
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, aplicando a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, proceda á inscrición da Declaración de Ben de Interese Cultural das Torres de Meirás no Rexistro da Propiedade, una vez finalizado o proceso técnico oportuno, coma cos restantes BIC que se atopan na mesma situación."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina