saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 29 de xuño de 2017

 
A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 29 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
- 1848 (10/PNC-000198)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 4 máis
Sobre a ampliación pola Xunta de Galicia de xeito progresivo ao conxunto do territorio galego do Programa Acude e Axuda, do Sergas, no caso de que a avaliación dos resultados do proxecto piloto acrediten a súa efectividade
BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que, no caso de que a avaliación dos resultados do proxecto piloto acrediten a efectividade do Programa Acude e Axuda, proceda a extendelo progresivamente ao conxunto do territorio da nosa Comunidade Autónoma”.
 
- 7698 (10/PNC-000801)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre a continuación polo Goberno galego co desenvolvemento de iniciativas dirixidas ás entidades locais para a constitución e mellora do funcionamento das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero
BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir a desenvolver iniciativas dirixidas ás entidades locais para a constitución e mellora do funcionamento das mesas locais de coordinación interinstitucionais contra a violencia de xénero”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina