López Abella entrega ao presidente do Parlamento o Informe sobre violencia de xénero de 2016

 
 
Santiago, 24 de marzo de 2017-  A secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, entregou este venres ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe anual de seguimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, correspondente ao exercicio de 2016.
 
A secretaria xeral presentará o informe na Cámara lexislativa o vindeiro 29 de marzo, na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas