O Parlamento de Galicia súmase a conmemoración do Día Internacional da Muller

 
 
Santiago, 8 de marzo de 2017.- O Parlamento de Gailcia acolleu esta mañá, antes do reinicio do Pleno da Cámara, un acto conmemorativo do Día Internacional da Muller no que unha alumna do Colexio Plurilingüe Nantes, de Sanxenxo, acompañada por outras compañeiras, deu lectura ao manifesto “Por ser nena 8 de marzo”, impulsado por Plan Internacional.
 
O acto contou coa participación do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; dos portavoces parlamentarios do Grupo Popular, Pedro Puy, e do PSdeG-PSOE, Xaquín Fernández Leiceaga; a deputada do BNG Noa Presas, así como outras deputadas.
 
No acto, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou que “o Parlamento é sensible e procura colaborar en todo aquello que sexa a defensa das nenas para que teñan un mundo moito mellor”. Agradeceu a  iniciativa de Plan Internacional e anunciou que parte das súas suxestións se recollerían da declaración Institucional do Parlamento con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A directora de Plan Internacional tamén tomou a palabra durante o acto.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas