saltar ao contido

O presidente do Parlamento manifesta o seu pesar polo accidente ferroviario e desexa a pronta recuperación dos feridos

 
• Santalices Vieira desprazouse este mediodía ao lugar do accidente e aos tres centros sanitarios de Vigo aos que foron trasladados os feridos

 
Santiago, 9 de setembro de 2016.-
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, manifesta publicamente o seu pesar polo accidente rexistrado este venres no Porrriño e traslada as súas condolencias aos familiares e amigos das persoas falecidas.
 
O titular da Cámara galega expresa tamén as súa solidariedade e afecto ás persoas que resultaron feridas no accidente, ao tempo que lles desexa unha pronta recuperación.
 
Santalices Vieira desprazouse este mediodía ao lugar de accidente, en Porriño, logo de desculpar a asistencia ao acto de apertura do curso académico universitario 2016-2017. Posteriormente, o presidente do Parlamento trasladouse ao Hospital Álvaro Cunqueiro, a Povisa e á Clínica Fátima, en Vigo, para interesarse pola situación dos feridos.
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina