saltar ao contido

O Parlamento recorda o aniversario da aprobación do dereito ao voto feminino en España

 
• A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, reunise esta tarde coa presidenta da Asociación Clara Campoamor
 
• O 1 de outubro de 1931, as Cortes Xerais aprobaron o artigo constitucional que consagraba o dereito ao voto feminino
 
Santiago, 30 de setembro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, reuniuse esta tarde coa presidenta da Asociación Clara Campoamor, Blanca Estrella Ruiz, na véspera da conmemoración do 84 aniversario da aprobación, por vez primeira, do dereito ao voto das mulleres en España.
 
O 1 de outubro de 1931, as Cortes Xerais aprobaron o artigo constitucional que consagraba o dereito ao voto feminino. Un aniversario que, en palabras de Pilar Rojo, “tiña que ser unha data de celebración cada ano para todas as mulleres”, para conmemorar a consecución do voto feminimo “grazas a Clara Campoamor”, persoa “valerosa, con enerxía e loitadora”.
Para a presidenta do Parlamento de Galicia, o voto feminino  é “froito do traballo incansable de Clara Campoamor, á que todas as mulleres debemos moito”.
 
Por iso, Pilar Rojo tributou unha “homenaxe compartida”, da Presidencia do Parlamento e da Asociación que leva o nome Clara Campoamor, a impulsora do voto feminino en España.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina