5.8 37885 (09/PNP-002765)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta, e trece deputados/as máis
Sobre a realización pola Xunta de Galicia do desenvolvemento normativo do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 477, do 10.06.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que leve a cabo o desenvolvemento normativo do Decreto de atención temperá para que no máis breve prazo posible queden regulados os procesos de atención nos sistemas sanitario, social e educativo, co obxectivo de non deixar atrás o importante avance que supuxo a implantación deste modelo integral de atención aos nenos e nenas con algunha dificultade no seu desenvolvemento".
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.