saltar ao contido

Marisol Díaz Mouteira toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Santiago, 22 de xuño de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Marisol Díaz Mouteira como deputada  do PPdeG pola circunscrición electoral de Ourense. Substitúe a Jesús Vázquez Abad, elixido alcalde de Ourense.
 
Nacida en Alemaña, en 1967, Marisol Díaz Mouteira é licenciada en Dereito pola UNED, especialista en Mediación Familiar e Dereito Civil de Galicia. Está casada e ten un fillo. Díaz Mouteira é funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Foi delegada provincial en Ourense da Consellería de Xustiza da Xunta entre os anos 2003 e 2005. Foi xefa territorial de Educación en Ourense dende xullo do 2009 ata xaneiro do 2012. Xefa territorial da Vicepresidencia desde abril de 2013 a xaneiro de 2015. Secretaria territorial da Delegación da Xunta en Ourense entre xaneiro e xuño de 2015. Deputada do Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura.
 
Díaz Mouteira forma parte do Comité Executivo do PP de Ourense e da Xunta Directiva Provincial.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina