saltar ao contido

O Valedor do Pobo celebra unha reunión de coordinación cos seus homólogos no Parlamento de Galicia

· Foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, esta mañá

Santiago, 2 de xuño de 2015.- O Valedor do Pobo de Galicia celebra hoxe, na sede do Parlamento de Galicia, unha reunión de coordinación de carácter ordinario cos seus homólogos. A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, recibiu aos participantes na xuntanza esta mañá.
 
Ademais do valedor do pobo de Galicia, José Julio Fernández Rodríguez, participan na reunión o adxunto primeiro do Defensor del Pueblo,  Francisco Fernández Marugán; o defensor del pueblo andaluz, Jesús Maeztu Gregorio de Tejada; o síndic de greuges de Cataluña, Rafael Ribó i Massó; o diputado del común de Canarias, Jerónimo Saavedra Acevedo; a ararteko do País Vasco, Julia Hernández Valles;  o adxunto ao síndic de greuges da Comunidade Valenciana, Ángel Luna González; o procurador del común de Castela e León, Javier Amoedo Conde; e o defensor del pueblo de Navarra, Francisco Javier Enériz Olaechea.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina