Pilar Rojo estreita relacións de cooperación con Asociacións de Asia e dos Estados Unidos

 
Taipei, 8 de xuño de 2014.-  A presidenta do Parlamento de Galicia e presidenta da Conferencia de Asembleas Rexionais Europeas (CALRE) participou hoxe en Taipei (Taiwán) nunha reunión de traballo co Presidente do Foro Comunitario de representantes de gobernos locais  (TCF).
 
Na reunión tamén participaron o presidente da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL), o presidente da Alianza de Conselleiros Locais Xaponeses e diversos representantes da Administración taiwanesa.
 
Durante a reunión debatiuse como estreitar os lazos de colaboración entre as diferentes asociacións internacionais participantes no Foro. Neste senso, presentouse un borrador de posible acordo de cooperación de cara a elaboración dun foro internacional entre as entidades colaboradoras, acordo que a Presidenta do Parlamento Galego e Presidenta da CALRE levará na orde do día do próximo Comité Permanente da CALRE para a súa aprobación.
 
O obxectivo deste acordo é poder compartir as boas prácticas existentes así coma a creación de sinerxías entre a CALRE, o TCF, a NCSL e a Alianza de Conselleiros locais xaponeses, para favorecer o desenvolvemento de entidades de goberno descentralizadas eficaces, e promover así democracia local e rexional.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas