O embaixador de Cuba en España visita o Parlamento de Galicia


Santiago, 6 de novembro de 2013.- O novo embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, reuniuse hoxe coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
 
Durante a entrevista, Pilar Rojo interesouse sobre a situación da colonia galega asentada na illa e sobre as relacións entre Cuba e Galicia.
 
No encontro participaron tamén o cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, e mailo secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do  Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas