Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25-09-2013


4.2 7835 (09/PNP-000595)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Soneira Tajes, María Soledad e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa negociación de tratados e/ou acordos da Unión Europea con terceiros países en materia de pesca
Publicación da iniciativa, BOPG nº 105, do 21.05.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento insta a Xunta de Galicia a defender diante da Unión Europea, do Estado en canto á súa función de interlocutor no seo desta, e en cantos foros nacionais e internacionais participe, no caso dunha posible negociación de tratados e/ou acordos da UE con terceiros países en materia de pesca:
 
1. Ao deseño de mecanismos de investigación e avaliación dos recursos pesqueiros obxecto do tratado e/ou acordo que sexan obxectivos, veraces e homologados internacionalmente, para facilitar o coñecemento deles e permitan a súa explotación racional e sustentable.
 
2. A establecer mecanismos de penalización para os casos de incumprimento de todos ou parte destes principios».
 
4.5 9731 (09/PNP-000734)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o fomento da capacidade emprendedora entre os estudantes e o impulso do emprendemento entre a mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG nº 143, do 30.07.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, no ámbito das súas competencias, fomentar unha educación e unha formación dirixidas ao fomento da capacidade emprendedora entre os estudantes, así como a posta en marcha de liñas de acción políticas integrais orientadas a favorecer o emprendemento».

4.8 11638 (09/PNP-000866)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e Puy Fraga, Pedro
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para o aumento neste ano 2013 da cota pesqueira de pescada do norte
Publicación da iniciativa, BOPG nº 157, do 11.09.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Comisión Europea, aos deputados das forzas parlamentarias galegas con representación na Eurocámara e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que, en consideración coa probada recuperación do recurso da pescada do norte, se acorde un aumento da súa cota pesqueira neste mesmo ano 2013».
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Imaxes relacionadas