saltar ao contido

O ciclo de charlas organizado polo Parlamento e pola Asociación de Exparlamentarios chega mañá ao IES Alfredo Brañas de Carballo

• A actividade enmárcase na estratexia de divulgación do  Parlamento, que tamén inclúe iniciativas como un Concurso Escolar, o programa de visitas guiadas ou a edición de material bibliográfico específico para o público infantil e xuvenil
 
 
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013.- O Parlamento de Galicia, en colaboración coa  Asociación de Exparlamentarios, organiza este xoves, 25 de abril, unha charla-coloquio no IES Alfredo Brañas, de Carballo.
 
Nesta ocasión, intervirán os exdeputados José Luis García Gorostizu (PPdeG),  Francisco Xulio Cerviño González  (PSdeG) e Pablo González Mariñas (BNG).
 
Os exdeputados explicarán a composición, os órganos e as funcións da Cámara, entre outros aspectos destacados da institución autonómica. Os centros participantes tamén reciben do Parlamento un lote de libros para as súas bibliotecas.
 
Con esta actividade que implica a participación dos estudantes, o Parlamento de Galicia quere promover o interese da mocidade galega pola vida política e as principais institucións da Comunidade autónoma.
 
As charlas forman parte da estratexia de divulgación do  Parlamento de Galicia, que inclúe outras iniciativas como o Concurso Escolar, o programa de visitas guiadas á sede da institución ou a edición de material bibliográfico específico para o público infantil e xuvenil.
 
Calquera centro educativo interesado en acoller unha actividade deste tipo pode contactar co Parlamento de Galicia para solicitala.
 
• Lugar: IES Alfredo Brañas. Rúa Vila de Corcubión, s/n. Carballo.
• Data e hora: 25/04/2013, 12:00 h.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina