Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, 10-04-2013


4.1 1685 (09/PNP-000139)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 4 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa mellora da xestión da dependencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 02.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar implementando novos sistemas de calidade ligados á xestión do procedemento de dependencia, co obxectivo da mellora continua e dun aproveitamento estratéxico dos recursos».

 
4.8 5429 (09/PNP-000408)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Gómez Alonso, Alejandro e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa ampliación da autoestrada AP-9, no tramo comprendido entre a área de peaxe de Rande e a conexión coa vía do Morrazo, así como o seu impacto ao seu paso pola zona de Chapela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 27.03.2013
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para:
 
1. Que priorice a ampliación da autoestrada AP-9 en Rande na parte da ponte, no tramo comprendido entre a área de peaxe de Rande e a conexión coa vía do Morrazo.
 
2. Que analice e poña en práctica as medidas necesarias para minimizar o impacto da autoestrada AP-9 ao seu paso pola zona de Chapela».
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas