saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe ao embaixador de Uruguai en España

Santiago, 6 de marzo de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía, no seu despacho, ao embaixador de Uruguai en España, Francisco Carlos Bustillo, que acudiu acompañado pola cónsul dese país en Galicia, Marta Echarte, e polo conselleiro da Embaixada Fernando Sandín.
 
No encontro, Pilar Rojo interesouse pola situación de Uruguai, especialmente pola colonia galega asentada naquel país, así como polos uruguaios residentes en Galicia. A presidenta do Parlamento tamén recabou información en relación cos relacións económicas entre Galicia e a República Oriental do Uruguai.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina