saltar ao contido

Alberto Núñez Feijóo, reelixido presidente da Xunta

Santiago, 29 de novembro de 2012.- O Pleno do Parlamento de Galicia reelixiu esta tarde, con 41 votos a favor, a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
 
A votación celebrouse pasadas as 18,30 horas, dando conclusión ao Debate de Investidura celebrado na Cámara galega.
 
A toma de posesión do presidente da Xunta terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, ás 12,00 horas, no Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina