saltar ao contido

Pilar Rojo recibe no Parlamento a unha delegación da Casa de Ourense de Buenos Aires

• Convidounos a coñecer o Parlamento galego e animounos a manter vivo o seu vínculo con Galicia
 
Santiago, 13 de xuño de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía na sede do lexislativo galego un grupo de socios da Casa de Ourense en Buenos Aires que estes días se atopan de visita na súa comunidade de orixe.
 
A presidenta do Parlamento animou aos visitantes a manter vivos, no seo das súas familias, os vínculos con Galicia e valorou especialmente o traballo que está a desenvolver a Casa de Ourense en Buenos Aires no ámbito da promoción da galeguidade.
 
A delegación da Casa de Ourense en Buenos Aires tamén tivo ocasión de efectuar unha visita guiada ás diferentes dependencias que integran o Parlamento de Galicia, incluíndo a exposición sobre a evolución arquitectónica do Pazo do Hórreo, aberta ao Público na Biblioteca da institución desde o pasado 16 de maio.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina