Membros da ONG PLAN España visitan o Parlamento con alumnos do Colexio Eirís (SEK)

• Os nenos galegos únense, deste xeito, aos estudantes valencianos e madrileños que, a través do programa de participación infantil de PLAN, “No puedo votar pero tengo una voz”, son recibidos e escoitados polos responsables políticos das súas comunidades

Santiago, 8 de xuño de 2012.- O vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá a membros da ONG PLAN España, acompañados dun grupo de rapaces do Colexio Eirís, da Coruña.
 
“No puedo votar pero tengo una voz”
Baixo este lema, a ONG PLAN, dedicada á protección dos dereitos da infancia en España e en 50 países en vías de desenvolvemento, busca dar ferramentas aos menores para que coñezan e podan defender os seus dereitos.  

Imaxes relacionadas