Pilar Rojo manifesta o seu pesar polo falecemento de Isla Couto, o exemplo do cal “perdurará para sempre na memoria colectiva de Galicia”

• Envía unha mensaxe de condolencia á familia do falecido

Santiago, 25 de abril de 2012.- A presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo Noguera, expresou esta tarde o seu pesar, en nome propio e no do Parlamento de Galicia, polo falecemento de Xaime Isla Couto, presidente de honra e cofundador da Editorial Galaxia.
 
Logo de coñecer o pasamento desta personalidade polifacética da cultura galega, Rojo Noguera enviou unha mensaxe de condolencia á familia do falecido.
 
“O seu exemplo –afirma Rojo Noguera referíndose á traxectoria do falecido- perdurará para sempre na memoria colectiva de Galicia”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Imaxes relacionadas