Simbolos de Galicia Web Parlamento de Galicia
Inicio Galego Castellano English
LA BANDERA Simbolos de Galicia EL ESCUDO Simbolos de Galicia EL HIMNO Simbolos de Galicia LEGISLACIÓN Simbolos de Galicia DESCARGAS
Simbolos de Galicia

El Himno

LETRA Simbolos de Galicia DOCUMENTAL Simbolos de galicia PARTITURAS
Letra himno

Manuscrito de Eduardo Pondal, primeros bocetos del poema "Os Pinos".

Letra del himno gallego

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.