15/12/2023
Santiago, 15 de decembro de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía encontro co presidente da República Oriental do Uruguai, Luis Lacalle Pou, co que compartiu un xantar organizado pola Cámara de Comercio Española naquel país.
Santalices agradeceu ao presidente uruguaio a hospitalidade coa que o país recibiu aos emigrantes galegos e congratulouse da plena integración da colonia galega no Uruguai, o mesmo que acontece cos uruguaios radicados en Galicia.
O titular do Lexislativo galego convidou a Lacalle Pou a visitar a exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia que esta mañá se inaugurou na sede do Poder Lexislativo do Uruguai.
Santalices fixo votos por “seguir avanzando nas excelentes relacións que manteñen Uruguai e Galicia" e puxo en valor a solidez das institucións e a democracia uruguaia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.