saltar ao contido

Santalices apela ao “talento e capacidade” da xuventude para edificar unha sociedade mellor

28/11/2023

 

  • A Cámara galega acolleu este mediodía o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF, que se enmarca no Pacto Galego pola Infancia

 

  • Os participantes no Pleno infantil reden homenaxe a Miguel López, El Hematocrítico, falecido onte

     

 

Santiago, 28 de novembro de 2023 - O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou á xuventude a esforzarse durante a súa etapa formativa porque o mundo precisa do “voso talento capacidade" para edificar unha sociedade mellor.

 

A Cámara galega acolleu este mediodía o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF, unha actividade que se enmarca no Pacto Galego pola Infancia ratificado polos grupos que integran o lexislativo autonómico.

 

O Pleno infantil contou coa participación de nenos, nenas e adolescentes representantes dos grupos e consellos locais de participación infantil e adolescente da Laracha, A Coruña, Burela, Cedeira, Nigrán, Moaña, Moeche, Ponteareas, Redondela, Teo, Tomiño e Viveiro. Durante o acto, os participantes entregaron ao Parlamento un cadro realizado con Leandro Lamas no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente.

 

Vítimas colaterais

 

Na súa intervención, o presidente do Parlamento de Galicia referise á  guerra de Ucraína e tamén a de Israel con Hamás, “conflitos complexos que sempre se saldan con vítimas colaterais". Lembrou, neste sentido, aos “nenos israelís masacrados e secuestrados", e tamén á “infancia palestina que convive a diario co terror e coa morte".

Santalices animou aos participantes a coidar a súa saúde física e mental e a practicar deporte con regularidade, mellor en equipo, para estimular valores como “a lealdade, a solidariedade e o esforzo".

 

O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu o traballo que desenvolve UNICEF impulsando a creación de espazos seguros para a infancia dende onde se axuda a impulsar o potencial dos nenos e nenas.

 

O Pleno infantil Parlamento-Unicef contou tamén coa intervención da presidenta de UNICEF Comité Galicia, representantes dos tres grupos parlamentarios e do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica da Xunta.

 

Homenaxe a Miguel López, El Hematocrítico

 

O presidente do Parlamento iniciou a súa intervención cunha lembranza para o escritor e creador de contidos Miguel López, El Hematocrítico, falecido onte, para o que pediu un aplauso aos participantes no Pleno infantil.

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina