saltar ao contido

Unha delegación do Centro Galego de Lisboa visita o Parlamento de Galicia

03/07/2023

 

 

 

Santiago, 3 de xullo de 2023.- Unha delegación de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

 

O grupo estaba encabezado por Jesús Bescos Sinde e Miguel Conde Prieto, presidente e vicepresidente da entidade, respectivamente.

 

Santalices agradeceu o labor que desenvolve  Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa como “faro de galeguidade" na capital de Portugal e, tamén, a colaboración brindada ao Parlamento de Galicia con ocasión de diferentes actividades organizadas na sede lisboeta da entidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina