31/12/2022
Santiago, 31 de decembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, compartiu hoxe unha “lembranza de afecto e agradecemento" para o Papa Bieito XVI quen, ao seu xuízo, pasará á historia como un “referente moral e intelectual na defensa da dignidade humana".
O titular do Lexislativo galego recordou tamén a aposta do falecido pontífice emérito polo “diálogo entre fe e razón" e a novidade que supuxo a súa inesperada renuncia ao papado.
Unha vez enterado do falecemento de Bieito XVI, o presidente do Parlamento de Galicia enviou cadanseu telegrama ao arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e ao nuncio apostólico en España, Bernardito Auza.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.