Premio Executivas 11/12/2020
• Santalices agradece a dedicación da Dra. África González, “científica de prestixio internacional asentada e comprometida con Galicia”
Santiago, 11 de decembro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara a África Gonzalez, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, que esta tarde será galardoada en Santiago co Premio
Executivas 2020.
Ante a imposibilidade de asistir ao acto de entrega deste premio debido a outros compromisos adquiridos con anterioridade, Santalices Vieira optou por ofrecer unha recepción á galardoada no Parlamento de Galicia.
Con este xesto, o presidente da Cámara busca “recoñecer a traxectoria e o traballo de África González, pola súa condición de científica de prestixio internacional asentada e comprometida con Galicia, da que nos sentirnos orgullosos e á que agradecemos a súa dedicación”.
África González é doutora en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá de Henares. Especializouse en Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid e posteriormente realizou unha estancia postdoutoral co Dr. César Milstein (premio Nobel pola técnica de obtención dos anticorpos monoclonais) no MRC de Cambridge. Incorpórase á Universidade de Vigo en 1996 para iniciar unha área nova en Inmunoloxía, única en Galicia.
É catedrática de Inmunología e ten a consideración de grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia). Foi directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) “Centro de excelencia de investigación de Galicia” da Universidade de Vigo (2009-2019). Foi presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía (2016-2020) e é académica correspondente da Real Academia de Farmacia de Galicia desde 2019.
Na visita ao Parlamento, África González estivo acompañada pola presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.