Santiago, 12 de marzo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, abriu este luns o programa de actividades da semana grande do Colexio Maior La Estila, de Santiago de Compostela, onde ofreceu unha charla sobre a Cámara Lexislativa galega.
Santalices Vieira explicou ao residentes as orixes e o funcionamento do Parlamento de Galicia, con especial atención aos mecanismos de participación cidadá que ofrece o Lexislativo autonómico.