. O presidente do Parlamento participou na presentación da conferencia que o arquitecto Juan Carlos Cabanelas pronunciou esta tarde no marco dos actos conmemorativos do XXX Aniversario da EASD Antonio Faílde
Santiago, 26 de abril de 2017.- “Contar cun centro como a Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense é un privilexio e resulta gratificante por moitas razóns”, como a longa tradición e a vinculación da cidade co mundo da creación artística e do deseño téxtil. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, esta tarde, na presentación da conferencia que o arquitecto Juan Carlos Cabanelas pronunciou no Centro Márcos Válvarcel de Ourense no marco da celebración do XXX aniversario da EASD Antonio Faílde.
Santalices, que participou respondendo a unha invitación da
Escola, puxo en valor o carácter público deste centro, que “ofrece formación de calidade” e pon de manifesto o “potencial educativo de Ourense”.
Destacou tamén o presidente do Parlamento os diferentes
intercambios educativos da EASD Antonio Faílde, a través do
programa Erasmus e outros, que vinculou coa “vocación europeísta e universalista de Ourense”.