saltar ao contido

Santalices considera “imprescindible“ o “debate científico sosegado” en materia de reproducción asistida

Acto 07/04/2017

Santiago, 7 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou esta tarde que o “debate científico sosegado” resulta “imprescindible” antes de abordar reformas lexislativas relacionadas con ámbitos como a reproducción asistida, que “implica profundos desafíos bioéticos” que “deben ser abordados desde un enfoque multidisciplinar”.
 
O titular da Cámara galega facía estas reflexións en Vigo, onde esta tarde clausurou un simposio científico sobre os aspectos éticos e sociais da reproducción asistida, organizado polo Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima.
 
Xunto coa prudencia que reclamou á hora de abordar calquera regulación relacionada coa reproducción asistida, o presidente do Parlamento apuntou tamén que “resulta absurdo opoñerse ao avance científico”.
 
Como presidente da Cámara animou tamén aos participantes no simposio a coñecer e facer uso das posibilidades que participación cidadá que ofrece o Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina