saltar ao contido

Santalices participa na reunión anual de parlamentos rexionais europeos que se celebra en Varese (Italia)

CALRE 24/11/2016

• O Comité Permanente da CALRE aceptou a proposta do Parlamento de Galicia para poñer en marcha e coordinar un grupo de traballo orientado a impulsar proxectos europeos de cooperación entre as diferentes cámaras que forman parte da CALRE

• O Parlamento de Galicia logra introducir uinha emenda na Declaración da CALRE para que na programación financieira da UE posterior a 2020 non se penalice ás comunidades cumpridoras en materia de déficit público


Santiago, 24 de novembro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participa desde esta mañá en Varese (Italia) na reunión plenaria anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas, (CALRE), da que é vicepresidente.

Os traballos arrincaron coa celebración dunha xuntanza do Comité Permanente da organización, na que se ultimaron as propostas que serán abordadas polo Plenario, como a configuración dos diferentes grupos de traballo para o vindeiro exercicio. A proposta, que se sometará á consideración de todos os participantes na Asemblea Xeral, plantexa manter os seis grupos de traballo que viñan funcionando ata o de agora: sobre Subsidiariedade, Política de cohesión, Democracia interactiva, Inmigración, políticas sociais e dereitos humanos, Igualdade de xénero e Normativa e avaliación política.

Proposta galega

No Comité Permanente, o presidente do Parlamento de Galicia propuxo a creación dun grupo de traballo, denominado Foro estatutario, que sería coordinado pola propia Cámara galega e estaría orientado a impulsar o desenvolvemento de proxectos europeos por parte dos parlamentos rexionais integrados nesta organización; tamén avaliaría posibles fórmulas para facer posible que as cámaras lexislativas de rexións como Gales podan continuar participando na CALRE unha vez que se faga efectivo o Brexit. O Comité Permamente da CALRE tamén apoiou a creación de outros dous grupos de traballo: o promovido pola Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) sobre Envellevemento e despoboación; e outro, impulsado pola cámara lexislativa da rexión italizana de Abruzzo, sobre prevención de riscos naturais.

Emenda galega

O Plenario da CALRE que se desenvolve durante esta tarde e a xornada de mañá venres, aprobará unha declaración institucional que será presentada polo presidente do Parlamento de Galicia, na súa condición de vicepresidente da organización. Durante a tarde de hoxe, debatéronse as emendas formuladas polos diferentes parlamentos á proposta orixinal de declaración. Entre as emendas aceptadas polo Plenario atópase a formulada polo Parlamento de Galicia para que na programación financieira da UE posterior a 2020 non se penalice ás comunidades cumpridoras en materia de déficit público.

Tamén se elixirá unha nova Presidencia, e se entregará a primeira edición dos premios convocados pola CALRE para impulsar o desenvolvemento de proxectos de cooperación interrexional e de promoción do parlamentarismo por parte das diferentes cámaras lexislativas rexionais, entre outros asuntos que figuran na orde do día do Plenario.

A sesión de apretura do Plenario celebrouse esta tarde tarde coas intervencións do ata o de agora presidente da CALRE, Raffaele Cattaneo; e do presidente do Comité das Rexións, Markku Markkula.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina